martes, 15 de mayo de 2012

Campamento Diocesano 2012
20-29 de Xullo 2012
Vilanova de Lourenzá

Todos os rapaces e rapazas nacidos entre os anos 1996 e 2003, xa podedes acceder a información do campamento 2012, que o Colectivo Campamento Diocesano organiza, como en pasadas edicións, no Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá (Lugo).

Nesta ocasión o campamento transcorrerá entre o 20 e o 29 de xullo. As prazas son limitadas, por eso deberás enviar canto antes a túa preinscripción, para que contemos contigo.

 

O prazo de preinscripción finaliza o día 22 de xuño.
Días despois poñerémonos de novo en contacto contigo para saber se estás aceptado ou na nosa lista de espera agardando que se produza algunha baixa.
Toda a información está no tríptico do campamento; pero se precisas algo máis non dubides en porte en contacto con nós a través do noso enderezo electrónico: campadiocesano@hotmail.com ou por vía telefónica no 636010678 (16-21 horas).

Podes preguntar tamén na túa parroquia ó teu cura ou catequista. De igual xeito que acontece con todas as fichas de preinscripción recibidas por correo electrónico ou postal, os datos cumprimentados neste formulario continúan a ser confidenciais e só os recibirá e fará uso deles a coordinadora do colectivo campamento diocesano.

Preinscrición tamén en liña pinchando Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario