martes, 29 de mayo de 2012

Comentario Evanxélico para o Domingo de Pentecostés




Manda o teu Espírito

            Nestes días chamamos á porta de Deus, e pedimos con urxencia: “Mándanos o teu Espírito…”  Estamos baleiros e apagados. Por iso precisamos un pouco de lume e de  alento.
            Son moitas as urxencias que vemos diante da nosa porta.  O que nos apremia a  rezar cada día: “Ven, Espírito Santo,  dánolo teu amor”.
           O Papa invítanos a entrar pola “Porta da fe” que nos introduce na nova cidade. E a través dela iremos tratando de abrir tamén as outras portas: a porta do ecumenismo- da solidariedade – da cultura – da familia – da xuventude…
            Dicímoslle, pois, este Domingo: “Aquí nos tes, Espírito Santo. Axúdanos a abri-las portas da nova cidade”. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario