martes, 26 de junio de 2012

Nova Publicación: OS SALMOS HOXE. Versión oracional á luz do Evanxeo - Manuel Regal Ledo



 
Contade as marabillas do Señor…
         Nas nosas oracións e celebracións cantamos moitas veces con estas palabras. Queren ser unha loanza a Deus e un contaxiar a todos o que El suscita en nós: non podemos deixar de canta-las súas marabillas.
Na tradición do pobo de Israel e na nosa Igrexa, un xeito de canta-lo que Deus vai facendo connosco é co Libro dos Salmos. Nel, recóllense diversos textos de distinto tipo cos que foron orando moitos homes e mulleres ó longo da historia; cos que hoxe tamén, nós, oramos.
         Acaba de saír á rúa un libriño de Manolo Regal, Os salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo, que seguro nos pode axudar a encararnos cos salmos, a orar con eles desde o transfondo querido por Xesús de Nazaret. O libro está publicado na Editorial Sept e é un bo material para nós, individualmente, e para as nosas comunidades. Con el, e cos salmos, poderemos decir: “Ti es, Señor, a miña herdade, a miña sorte... só Ti e-lo meu ben”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario