Fai xa 25 anos que a monxas da Sagrada Familia de Burdeos iniciaron a súa vida na parroquia de Abadín, aproveitando e mellorando a antiga casa rectoral.
Dende alí conviven cos veciños das parroquias do entorno e animan a catequese e os servizos relixiosos e benéficos da zona.
Estes 25 anos, marcan unhas verdadeiras "Vodas de Prata" da comunidade das nosas monxas coas parroquias da Unidade Pastoral.
Así o celebraremos con unha Eucaristía festiva programada para o sábado día 8 de Setembro, na Igrexa Parroquial de Abadín.
Haberá tamén algunha que outra sorpresiña...!
¡¡¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario