viernes, 12 de octubre de 2012

Peregrinación de inicio de curso da nosa Unidade Pastoral ao Santuario de Saavedra



Hoxe 12 de Outubro, día do Pilar, está programada unha peregrinación da nosa Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade ó santuario de Os Milagros de Saavedra.
Quere ser un encontro de inicio de curso e de arranque das actividades e programacións conxuntas de toda a Unidade Pastoral.

O plan do día é este:

+ 11 h. Saída dos buses para Saavedra recollendo antes ós respectivos peregrinos nas diversas zonas.
+ 12 h. Celebración da Eucaristía no santuario.
+ 14 h. Xantar compartido no pavillón polideportivo de Baamonde.


A media tarde regresamos aos nosos respectivos fogares.

O lema do noso encontro é como cada ano, implorando a axuda de María para o curso que iniciamos, En camiño con María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario