viernes, 23 de noviembre de 2012

Misa na honra a Santa Icía en Vilalba


Os músicos de Vilalba honran, como cada ano, a Santa Icía (patrona dos músicos). A Banda de Música xa o fixo nun concerto oficiado no Auditorio Municipal o día 17 de novembro e ateigado de xente.
 
A Coral Polifónica Vilalbesa tamén o fará cantando na misa parroquial da tarde do sábado 24 de novembro a que estamos todos invitados.
 

"Misa do Cooperantes" en Vilalba


Como ven sendo habitual, o vindeiro domingo día 25 de novembro ás 19:30h na Igrexa Parroquial de Vilalba celebrarase a "Misa do Cooperantes" vivos e defuntos como expresión do agradecemento da Parroquia de cara ás persoas e familias que nos veñen axudando coas cuotas parroquiais.
 

miércoles, 21 de noviembre de 2012

"O perfil de Uxío como persoa comprometida co Evanxeo e co país" - Xaquín Campo Freire

Deixamos aquí o discurso que pronunciou o crego Xaquín Campo Freire no acto de "Chairego de honra 2012" concedido a D. Uxío García Amor o 17 de novembro de 2012 en Vilalba.


 

D. Uxío García Amor xa é chairego de honra (Reportaxe fotográfico)

D. Uxío xa é "chairego de honra". O sábado 17 de novembro, a casa da cultura de Vilalba quedouse pequena para acoller a tantas persoas que se achegaron a renderlle homenaxe a D. Uxío.
 
O acto foi moi emotivo e de grandes loubanzas á persoa de García Amor e supuxo unha expresión do agarimo e do recoñecemento con que a Chaira recompensa aos que, aínda non sendo nacidos nela, sementaron aquí os seus mellores froitos.

Tras recibi-la placa que recoñece esa distinción e un xantar con máis de 100 persoas, deu continuidade o programa. Non faltou tampouco a dimensión musical nesta xornada, xa que actuaron o dúo Mini e Mero e o gaiteiro Raúl Galego ademáis da Coral Polifónica Vilalbesa.
 

NORABOA D. UXÍO!!!!!!!!


(Aquí deixamos constancia do acto con unha presentación de fotografías)
 
 

martes, 13 de noviembre de 2012

Actividades da Delegación de Pastoral Xuvenil

 
 
Desde a Delegación de Pastoral Xuvenil da nosa diocese mándannos a seguinte información sobre diversas actividades que van ter lugar nos vindeiros días. Se estades interesados en participar en algunha, non dubidedes en poñervos en contacto coa parroquia ou coa delegación. Saúdos.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Mons. D. Uxío García Amor, sacerdote da nosa Unidade, CHAIREGO DE HONRA 2012

Xermolos e a Irmandade Manuel María recoñecen a súa larga traxectoria e destacan o seu compromiso coa cultura galega. A homenaxe celebrarase o día 17 de Novembro na Casa da Cultura de Vilalba.
 
 

Este é o programa:


miércoles, 7 de noviembre de 2012

Escrito del Sr. Obispo con motivo del Día de la Iglesia Diocesana 2012

 

 
Necesitamos una sociedad nueva, más fraterna, más solidaria, un nuevo humanismo. La convivencia humana sufre heridas graves cuando priman la avaricia, el individualismo, la falta de solidaridad. Cuando Dios está ausente, es el hombre el que primero paga las consecuencias. Por otra parte ya vemos que no se puede vivir solo de opiniones, como sostiene el relativismo, sino que hacen faltan convicciones.

Día de la Iglesia Diocesana 2012 (18 de Noviembre)



Aquí materiales para descargar:

Cartel

Anuncio de publicidad

Vídeo informativo


Más información en: