Se naciches entre 1998 e 2006 corre a apuntarte antes do 15 de Xuño
O Colectivo “Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol” organiza unha quenda de campamento, que vai ter lugar no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo, do 17 ó 26 de xullo.
Esta quenda está destinada a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 1998 e 2006, que se queiran embarcar nunha aventura fantástica, saborear dun xeito diferente as vacacións, facer novos amigos, disfrutar da natureza, descubrir novos lugares, coñecer un chisquiño máis a Xesús...