martes, 2 de junio de 2015

Campamento Diocesano 2015

Se naciches entre 1998 e 2006 corre a apuntarte antes do 15 de Xuño

O Colectivo “Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol” organiza unha quenda de campamento, que vai ter lugar no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo, do 17 ó 26 de xullo.

Esta quenda está destinada a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 1998 e 2006, que se queiran embarcar nunha aventura fantástica, saborear dun xeito diferente as vacacións, facer novos amigos, disfrutar da natureza, descubrir novos lugares, coñecer un chisquiño máis a Xesús...

Xa que as prazas son limitadas é necesario facer unha preinscrición antes do quince de xuño, que se debe enviar a: Colectivo Campamento Diocesano – apartado de correos 34, 27780 Foz (Lugo) ou por correo electrónico a campadiocesano@hotmail. com O prezo do campamento é de cento trinta euros.


Máis información en campadiocesano@hotmail.com, no teléfono 622 682 709 (de 16 a 21 horas) ou en campadiocesano.wix. com/capadiocesano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario