jueves, 15 de octubre de 2015

Clausura do Ano Santo Teresiano na nosa Diocese


Está disposto que nas dioceses se celebre o remate do “Ano Xubilar Teresiano” que tantos froitos nos está aportando neste tempo de celebración. Na nosa diocese imos ter tres actos de clausura:

- día 15, xoves, festa de Santa Teresa de Xesús, na Concatedral de San Xiao de Ferrol, ás 19:30 horas, coa celebración da eucaristía.

- día 16, venres, na parroquia de Vilalba, as 20:30 horas, terá lugar concerto con temas teresianos a cargo de Teresa Nécega, de Foz.

- día 19, luns, na Catedral de Mondoñedo, ás 12:30 da mañá, festa da “Dedicación da Catedral”, coa celebración da eucaristía.

Sería bo que, dentro das túas posibilidades, participaras nalgúns destes actos. 

Extracto da carta remitida polo administrador diocesano aos sacerdotes e relixiosos



Podes consultar máis información Pinchando 

Tamén podes descargar o CARTEL cos actos programados facendo click 

No hay comentarios:

Publicar un comentario