jueves, 25 de febrero de 2016

Encontro Diocesano de Coresma: Mondoñedo, 12 de Marzo

O Seminario de Mondoñedo acollerá a celebración principal o 12 de marzo


O sábado día 12 de Marzo en Mondoñedo, terá lugar o Encontro Diocesano de Coresma que se enmarca nas actividades que a Diocese está levando a cabo con motivo do Ano da Misericordia convocado polo Papa Francisco. 
Deixamos aquí a carta enviada polo Secretario de Pastoral con toda a información e ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!



Benquerid@ compañeir@:

En plena celebración do tempo de Coresma e no Ano Xubilar da Misericordia, invitámoste a participar no Encontro diocesano de Coresma, que teremos o día 12 de marzo en Mondoñedo.

O programa desta xornada é o seguinte:
11h.- Acollida, oración inicial no Seminario 'Santa Catalina'.
11.30h.- Reflexión sobre a Misericordia de Deus e o perdón
12h.  Imos á Catedral onde teremos a Celebración do Perdón.
14h.-  Xantar no Seminario (10 € por persoa)
16h.-  Representación da Paixón do Señor
17h.-  Oración final e despedida

Queremos que sexa un momento de encontro cos irmáns e co Señor que nos acolle e perdoa sempre, e facelo no marco este Xubileo da Misericordia que estamos a vivir na Igrexa. Invita a toda a túa comunidade, aos colaboradores e a quen creas que lle poida interesar.

Sería estupendo contar contigo, sobre todo para a celebración do Perdón, e así poder ofrecer recibir o perdón persoalmente, a todos os que queiran.
Para apuntarse podes facelo neste enderezo pastoralmf@gmail.com ou chamando ao Seminaro, recordando que o prazo remata o día 5 de marzo. Xa sabemos que non é fácil o dos prazos, pero recorda que hai que facilitar o traballo a quen está a preparar esta xornada e aos que traballan no Seminario que nos acolle.
Máis nada, recibe unha forte aperta neste camiño cara á Pascua, e sempre.

Antonio Valín Valdés
Secretaría de Pastoral



No hay comentarios:

Publicar un comentario