Presentado por Martiño Maseda e María Xosé Lamas, terá lugar o sábado 27 de febreiro no auditorio municipal de Vilalba. Contará coa participación do grupo de danza moderna de Vilalba, o Dúo Estrelas, os magos Óscar Bello e Xosé Manuel Carballo e a rondalla 'Añoranzas'
Este ano, Manos Unidas Vilalba participa no proxecto “Desenvolvemento agropecuario e invernadoiros para un Centro de Recuperación Nutricional”, que se levará a cabo na localidade de Quezaltepeque, departamento de Chiquimula, en Guatemala, abranguendo máis de cen aldeas priorizadas segundo índices de desnutrición -que afecta sobre todo a familias indíxenas chortís, particularmente aos nenos, a petición da Asociación 'Paz y Bien', coa que Manos Unidas leva colaborado co financiamento de dous plans de Loita contra a Desnutrición.
O proxecto consiste na instalación de tres invernadoiros, sistemas de rego, unha pequena granxa avícola, un almacén para produtos agrícolas e unha planta autónoma de tratamento de augas. Ademais, este proxecto inclúe un Plan de Capacitación dirixido a formar setecentas vinte persoas en produción agropecuaria para que podan replicar nas súas parcelas e así garantir a seguridade alimentar das súas familias e asegurar a semente para futuras colleitas e o abastecemento do Centro de Recuperación Nutricional, polo que os beneficiarios superan as 2.800 persoas. Mans Unidas contribuirá con unha parte da construción das instalacións previstas, a Asociación 'Paz y Bien' realizará un importante aporte mediante sementes, abonos, etc., o persoal agropecuario e os gastos de funcionamento para levar a cabo a intervención cuxo importe total ascende a 34.000.