Que se fai nunha parroquia?

a) Celebración da fe. As celebracións son o centro da vida cristiá, nas que a comunidade celebra a súa fe: a eucaristía do domingo, os enterros, bautizos,... Xuntos loamos a Deus, dámoslle grazas, confiámoslle as necesidades, ofrecémonos nós mesmos...

b) Formación cristiá. A parroquia preocúpase de transmiti-los contidos e vivencias da fe. Isto faise na catequese dos nenos e mozos, na dos pais que van bautizar fillos, na dos noivos que van casar… e en tods cantos se preocupan de saber máis sobre Xesús, o evanxeo,...

c) Servizo ós demais. Os cristiáns fan actividades de servizo ós demais, sobre todo ós pobres: Cáritas, visita ós enfermos, axuda ó Terceiro mundo, asociacións,... desde a vontade de servizo desinteresado para os demais.

A parroquia non é o edificio, nin un lugar... É unha comunidade de persoas que viven e comparten a súa fe cristiá.

Tódolos bautizados formamos parte da parroquia; todos somos membros da comunidade e témonos que sentir partícipes e responsables dela.



                                                           A parroquia somos todos!!!