O Sacramento do Bautismo


            Noraboa!!! Esta é a palabra que máis oímos cando nace un pequeno. É verdade, é unha grande noraboa!

            Ser pai ou nai é unha gran alegría, e tamén unha responsabilidade. Desde o momento en que o neno vén ó mundo, hai que mirar pola vida que empeza: haina que coidar, protexer e axudar a medrar.

            Na celebración do Bautismo, dámoslle grazas a Deus pola vida e asumímo-lo compromiso de educar na fe a quen acollemos na Igrexa do Señor.

            “Aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret da Galilea, e Xoan bautizouno no Xordán. E de seguido, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre El, como unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo: Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto” (Mc 1, 9-11)

            “Polo bautismo somos liberados do pecado e rexenerados como fillos de Deus, chegamos a sermos membros de Cristo, somos incorporados á Igrexa e participamos na súa misión”  (Catecismo Igrexa Católica nº 1213).

            Segundo as normas da Igrexa, para ser padriño/madriña de bautismo é preciso:

  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Ser católico e estar confirmado.
  • Levar unha vida de acordo coa fe e coa misión que se asume de acompañar no proceso de educación da fe do/a pequeno/a.